Ribadeo será a sede das concentracións das categorías inferiores da Federación Galega de Baloncesto

221025 Foto baloncesto Ribadeo 1

Ribadeo será a sede das concentracións das categorías inferiores da Federación Galega de Baloncesto, tras o convenio asinado entre o Concello e esta entidade.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “Ribadeo convértese deste xeito no Concello do baloncesto galego. Tras a firma deste convenio a nosa vila será a sede das concentracións de todas as categorías inferiores da Federación Galega de Baloncesto”.

E subliñou que “ademais isto implicará que Ribadeo acolla diversas competicións da Federación Galega de Baloncesto, que promocionará e fará medrar o deporte base desta disciplina no noso concello”.

Silvent engadiu: “estamos moi contentos de ter asinado este importante convenio para o deporte ribadense”.

No acto participaron o alcalde, Dani Vega, o presidente da Fegaba, Julio Bernández, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, a coordinadora do CB Ría de Ribadeo, Ana Prieto, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.

Ir o contido