Unha das últimas actuacións do Concello foi o cambio das portas.

O alcalde, Dani Vega, dixo: “hoxe estamos na praza de abastos para explicar todas as melloras que se foron facendo, entre elas, as portas. Elimináronse unhas portas que estaban dando sempre problemas, sempre avarías, e tomamos a decisión de renovar, solicitamos unha colaboración á Xunta de Galicia e hai unhas novas portas que, tecnicamente, o que nos din é que están preparadas para superficies comerciais, son máis duras, máis consistentes e iso elimina moitos problemas que estábamos tendo”.

O rexedor cre que “estas novas portas que colocamos e inauguramos hoxe na praza de abastos é a demostración de que estamos traballando conxuntamente cos praceiros. Agradezo todo o traballo que fan, esa coordinación co Concello e vamos dando pasos moi importantes. Entre eles tamén a recollida diaria do lixo, xa se eliminaron os contedores do entorno da praza e hai esa recollida diaria, ese contedor individual por praceiro. Iso tamén axuda a ter unha praza máis limpa”.

Para Dani Vega “queda moito por facer, estamos traballando tamén para investir e mellorar a estrutura tamén da praza de abastos, pero pouco a pouco vamos notando esas mellorías. Mellorar o edificio, coidar o edificio, evidentemente as novas portas, tanto as eléctricas, que tivemos moitos problemas con elas, como as portas de peche, as que son tipo verxa, tamén se eliminaron as vellas que estaban totalmente deterioradas, estaban todas rotas e houbo que tomar a decisión de facer unhas novas portas de forxa”.

E engadiu: “pouco a pouco vamos facendo cousas, pouco a pouco vamos mellorando os edificios municipais e tamén a praza de abastos que faltan e facía”.

Ata a praza de abastos se desprazaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz.

Ir o contido