Ribadeo presentará o 18 de maio o programa laboral de inclusión para persoas con discapacidade intelectual.

Ribadeo presentará o 18 de maio o programa laboral de inclusión para persoas con discapacidade intelectual.

Ribadeo presentará o 18 de maio o programa laboral de inclusión para persoas con discapacidade intelectual. Será nun acto ás 12:00 do mediodía no Salón dos Alcaldes. O Concello será o primeiro en contratar a unha persoa da asociación Down Lugo, que traballará como ordenanza durante un ano. 

O alcalde, Dani Vega, explicou que “o vindeiro luns, 18 de maio, vamos firmar un convenio entre Xunta de Galicia, a asociación Down Lugo e o Concello de Ribadeo. O obxectivo é a contratación dunha persoa dentro do programa laboral de inclusión para persoas con discapacidade intelectual, unha iniciativa que busca avanzar cara a unha sociedade máis xusta. Igualdade e  integración son obxectivos claros”.

O rexedor contou que “no marco deste programa, unha persoa da asociación Down Lugo será contratada polo Concello de Ribadeo, vai pertencer directamente á Alcaldía, estará colaborando coa Alcaldía e é unha proposta que nace da Concellería de Benestar Social e colaborando coa Concellería de Persoal. Estas dúas Concellerías xuntáronse e dixeron cómo podemos facer para ter un programa laboral de inclusión e empezar por persoas que teñen discapacidade intelectual”. 

Vega tivo palabras de agradecemento e recoñecemento para os actores implicados neste proxecto: “á asociación Down Lugo teño que agradecerlle todo o traballo que fixeron. Ribadeo é o primeiro Concello que vai contratar a unha persoa con síndrome de down, é o primeiro Concello que tamén fixo o foro Down, onde unha das cousas sobre as que se reflexionou e se debateu foi a integración e a igualdade de oportunidades. E isto é clave nunha sociedade máis xusta, que todos teñamos as mesmas oportunidades”. 

Ao alcalde ribadense parécelle “moi importante e significativo que un Concello estea na liña da integración, na liña de ter un programa propio de inclusión e polo tanto esta é unha gran noticia, unha moi boa noticia. E vamos traballar conxuntamente con outras actividades, non só esta, senón que xa estamos preparando actividades para o verán, pero hoxe queremos destacar este gran paso. Grazas á asociación Down por colaborar con este Concello, grazas á Xunta de Galicia por financiar este programa, que é un programa importantísimo, que non só se queda na contratación senón tamén na formación de esa persoa. E iso tamén parece significativo”.  

E engadiu: “parece que hai que seguir traballando e reforzando os programas de emprego, os programas de inclusión laboral. E nesta liña vamos seguir.  Noraboa ás dúas concelleiras, tanto a Montse como a Elena, por esta proposta. Grazas tamén á Área de Benestar Social que está facendo un gran traballo, a todas as traballadoras e traballadores e tamén grazas á Xunta de Galicia por financiar e a asociación Down por colaborar”.

A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, destacou que “este proxecto supón un avance e un paso moi importante para a inclusión real das persoas con discapacidade”. Ademais, subliñou que a nova incorporación “será unha compañeira máis, en igualdade de condicións, como calquera outra persoa traballadora do Concello”. E edil responsable de Persoal, Montse Seijo, tamén quixo poñer en valor esta iniciativa e mostrouse satisfeita coa incorporación: “estamos moi contentos de contar cunha nova compañeira no Concello. Vai formar parte do equipo e compartiremos o día a día traballando man a man, aprendendo todos desta experiencia tan enriquecedora”.

Ir o contido