Ribadeo mellora varios puntos da estrada Reme-Vilamar, unha vía moi importante para a comunicación entre concellos e para moitas empresas.

Ribadeo mellora varios puntos da estrada Reme-Vilamar, unha vía moi importante para a comunicación entre concellos e para moitas empresas.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos xestionando o orzamento, e neste caso para mellorar a estrada Reme-Vilamar. Había puntos concretos onde o tráfico rodado vai facendo un desgaste continuado e desde logo tiñamos que actuar. Puxémonos en contacto coa Xunta e xa activamos esa inversión para mellorar eses puntos, concretamente en San Vicente de Cubelas, e tamén noutros lugares nos que detectamos que hai que mellora”.
O rexedor dixo: “as inversións son moi importantes. Evidentemente, aquí fíxose hai tempo unha inversión moi importante de 800.000 euros, onde se arranxou a maior parte da Reme-Vilamar, pero quedaban puntos onde non entraba esa inversión e xa tiñamos previsto evidentemente ese aglomerado en quente para actuar e mellorar eses puntos que o tráfico rodado foi desgastando”.
Vega engadiu: “seguimos actuando e eu sempre digo que son moi importantes as inversións, pero tamén é moi importante conservar, coidar as cousas, as infraestruturas, porque ao longo do tempo vanse desgastando. Agradecer esta inversión importante tamén para mellorar unha vía de comunicación fundamental para as parroquias do interior, para a comunicación con outros concellos e, dende logo unha vía prioritaria tamén para moitas empresas”.
O alcalde tivo palabras de agradecemento para a Xunta de Galicia “por esta importante inversión realizada en Ribadeo”.

