Ribadeo mellora as pistas forestais afectadas polo incendios de 2023 en Cedofeita e en Piñeiro.

Ribadeo mellora as pistas forestais afectadas polo incendios de 2023 en Cedofeita e en Piñeiro.

Ribadeo mellora as pistas forestais afectadas polo incendios de 2023 en Cedofeita e en Piñeiro. A actuación realízase grazas a unha achega da Consellería de Medio Rural. 

O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos xestionando orzamento e neste caso estamos investindo para mellorar as pistas forestais. Dende logo tivemos que facer unha xestión importante, dado que no ano 2023 houbo un incendio con consecuencias moi negativas, 2.750 hectáreas que arderon, houbo varios pasos que facer para chegar a este punto de rehabilitar e de investir para mellorar as pistas de forestais. Retirar en primeiro lugar toda madeira que ardeu, o incendio tivo consecuencias desde un punto de vista medioambiental, desde un punto de vista tamén de queima de toda a madeira e iso tivo consecuencias para os propietarios, retiraron toda a madeira, pero tamén houbo un importante destrozo das pistas forestais. Éramos conscientes de que ía pasar e había que xestionar o orzamento para rehabilitar, é dicir mellorar todas as pistas forestais”.

O rexedor subliñou que “os incendios causaron un gran impacto no concello de Ribadeo sobre todo na parte da parroquia de Cedofeita, nos núcleos de Cedofeita e Piñeiro, tamén noutros puntos que iremos rehabilitando e mellorando as pistas forestais, pero empezamos por esta zona, coa axuda da Xunta de Galicia, e facer xa un plan de actuación e un plan de futuro, é dicir  pistas de seis metros, polas que poidan entrar os camións e cargar directamente dende a pista na parcela, así non hai un destrozo, non hai un deterioro da pista. Tamén unha limpeza profunda das pistas forestais que non son prioritarias, pero son fundamentais e hai que facer unha limpeza. Nestes momentos estamos actuando en Cedofeita e en Piñeiro e así vamos ir paulatinamente por moitas parroquias, limpando pistas de concentración, pistas agrarias e tamén as pistas forestais”. 

Vega indicou que “esta xestión ante Medio Rural, que agradecemos esta colaboración, que é moi importante, non é a primeira vez que se produce, xa no ano 2024 fixemos unha planificación de limpeza polas pistas de concentración, polas pistas agrarias da costa e quedan certos traballos que debemos concretar, isto que é unha planificación de mellora das pistas forestais e pistas agrarias”.

Ir o contido