Ribadeo aprobará o vindeiro martes, 12 de maio, a liquidación do orzamento de 2025, que pechou cun remanente de tesourería de 1,5 millóns de euros.

Ribadeo aprobará o vindeiro martes, 12 de maio, a liquidación do orzamento de 2025, que pechou cun remanente de tesourería de 1,5 millóns de euros.

Ribadeo aprobará no pleno ordinario do vindeiro martes, 12 de maio, a liquidación do orzamento de 2025, que pechou cun remanente de tesourería de 1,5 millóns de euros, segundo subliñou este sábado o alcalde, Dani Vega. 

O rexedor contou que “neste pleno vamos aprobar a liquidación municipal, a liquidación do presuposto 2025. En qué se traduce? Pois nun remanente de tesourería de 1,5 millóns de euros. Iso significa que houbo unha boa xestión, unha boa xestión dos recursos propios ante unha xestión constante e permanente de orzamento da Xunta de Galicia, sobre todo,  e así non gastábamos dos presupostos municipais, dos recursos propios do Concello. Eses 1,5 millóns de euros tamén queren dicir algo, que se está traballando desde unha seriedade”. Vega lembrou que “viñamos dos presupostos do 2023 que o Consello de Contas dixo que non había aforro, non había practicamente remanente, un presuposto que non era noso, que era do anterior goberno, un presuposto herdado e certamente envenenado e nosoutros o que fixemos foi xestionar recursos doutras administracións e ter un remanente agora de 1,5 millóns de euros. Iso vaise traducir en garantir que o ano presupostario se cumpra, vai garantir que poñamos moitas porcentaxes de moitas subvencións que xestionamos ante a Xunta de Galicia,porque moitas infraestruturas que estamos arranxando,  por exemplo, agora a Avenida de América, a Xunta aporta 80% e o Concello aporta o 20%. E así vai ser un constante e permanente agora de inversións”.  

O alcalde destacou o bo momento polo que atravesan as arcas municipais: “o que quero dicir, con moita tranquilidade, é que os servizos económicos do Concello traballaron moi ben, traballaron con moita rigorosidade, sobre todo cando viñamos do ano 2023, que tivo grandes tensións no 2024, e agora fomos capaces de facer as cousas como hai que facer, xestionando moi ben os recursos propios e sobre todo xestionar recursos doutras administracións, sobre todo agradecer á Xunta de Galicia que nos axuda moitísimo para que isto poida ser posible e tamén evidentemente vai ter influencia que a Xunta agora aporta máis por servizo de axuda no fogar ou que a Deputación se fai de cargo da residencia de maiores, da porcentaxe que tiñamos que poñer nós agora vaino poñer a Deputación de Lugo”. 

Vega engadiu: “esas xestións que se van facendo constantemente e permanentemente tradúcense en que as contas municipais dan un remanente de tesourería de 1,5 millóns de euros e iso é a coordenación entre os técnicos municipais e o goberno municipal que se traduce nunha boa xestión”.

Ir o contido