Concello de Ribadeo

XX Xornadas Mar por Medio

Ribadeo, encontro de Camiños

Ribadeo acollerá do 19 ao 21 de setembro a vixésima edición das Xornadas Mar por Medio, un evento promovido pola Academia Xacobea en colaboración co Concello, a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela.

Baixo o lema “Ribadeo, encontro de Camiños”, a cita reunirá a persoas expertas e público arredor do Camiño de Santiago e dos valores culturais que o acompañan, con mesas redondas, conferencias, actividades culturais e unha ruta guiada.

A programación desenvolverase no Salón de Alcaldes do Concello de Ribadeo e incluirá tamén concertos e actividades abertas á cidadanía.

DESCARGAR PROGRAMAINSCRICIÓN
Ir o contido