Catorce clubs participan hoxe e mañá en Ribadeo no Tournament de Mini Basket, que reúne a 200 xogadores e xogadoras.

Catorce clubs participan hoxe e mañá en Ribadeo no Tournament de Mini Basket, que reúne a 200 xogadores e xogadoras. O evento está organizado polo Concello de Ribadeo, CB Ría de Ribadeo e Xunta de Galicia. O patrocinador principal é The Basket Dream.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “asistimos a dous días de torneos femininos e masculinos cun total de 200 xogadores e xogadoras nas canchas dos pavillóns de Alfredo Deaño e da Avenida de Luarca e nas instalacións do Ceip Gregorio Sanz”.

O edil ribadense subliñou que “en Ribadeo somos un referente deportivo organizando e acollendo a celebración de importantes eventos ao longo de todo o ano. Moitas destas nenas e nenos, que veñen de fora, pasan aquí a fin de semana, acompañados das súas familias, que aproveitan para coñecer e gozar de Ribadeo e da súa contorna. Esta cita terá un impacto importante na economía local, na súa hostalería e no seu comercio. Deporte e turismo volven ir unidos de novo”.

Ir o contido