A Masterclass Armonía de Viños, enmarcada no Ribadeo Sabe, terá lugar mañá, 6 de maio, ás 17 horas na Praza de Abastos.

A Praza de Abastos acollerá o vindeiro mércores, 6 de maio, a Másterclass Armonía de Viños.

A Masterclass Armonía de Viños, enmarcada no Ribadeo Sabe, terá lugar mañá, 6 de maio, ás 17 horas na Praza de Abastos. Será impartida polo sumiller Alberto Vega. 

Trátase dunha actividade especialmente orientada ao sector hostaleiro, concibida como un espazo de formación e intercambio arredor da harmonía entre bebidas e gastronomía. Durante a sesión os asistentes catarán viño branco, viño tinto e diferentes cervexas, e recibirán consellos e orientacións sobre combinacións de sabores con distintas bebidas, “co obxectivo de achegar ferramentas útiles para a aplicación práctica na hostalaría e para mellorar a experiencia gastronómica dos clientes”, explican desde a asociación Cociñeiros Lugo. 

E subliñan que “esta Másterclass busca aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe”.

Aínda que a súa celebración estaba prevista en horario de mañá a asociación Cociñeiros Lugo decidiu que sexa impartida pola tarde “para que poidan acudir o maior número de hostaleiros posible”.

O Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico que organizan o Concello e Acisa, desenvolverase do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros ribadenses. 

Ir o contido