Vilaselán acolleu onte a primeira charla Coidando ao corazón do programa Preto de ti.

Vilaselán acolleu onte a primeira charla Coidando ao corazón do programa Preto de ti.

Onte comezaron en Vilaselán as charlas Coidando ao corazón do programa Preto de Ti do Concello de Ribadeo.  

Foi impartida pola enfermeira municipal María Roel, na que falou de prevención cardiovascular, hábitos saudables e da importancia de recoñecer os sinais de alarma dun infarto ou dun ictus. 

Hoxe será a quenda de Rinlo, ás 16:45 horas, e durante as próximas semanas as charlas continuarán por outras parroquias de Ribadeo. O16 de novembro ás 16:15 horas a charla será en Cinxe, o día 17 ás 10 da mañá na Devesa, tamén o 17 ás 16:15 horas en Vilaframil, o 19 de novembro ás 16:15 horas en Cedofeita, o día 20 ás 11:30 horas en Couxela, o día 24 ás 16:30 horas en Arante e o 25 de novembro ás 18:30 horas en Ribadeo.

Desde o Concello de Ribadeo agradecen a asistencia das persoas que participaron onte en Vilaselán na primeira das charlas: “coidar a nosa saúde é fundamental, e a prevención é o primeiro paso”.

Ir o contido