Veciños e empresas verán unha rebaixa no consumo enerxético co modelo que a Xunta aplicará na área de influencia do parque eólico do Mondigo.

Veciños e empresas verán unha rebaixa no consumo enerxético co modelo que a Xunta aplicará na área de influencia do parque eólico do Mondigo.

Veciños e empresas verán unha rebaixa no consumo enerxético co modelo que a Xunta aplicará na área de influencia do parque eólico do Mondigo. Así o subliña o alcalde ribadense, Dani Vega. O Concello acolleu este mediodía a xuntanza mantida pola conselleira de Industria cos rexedores de Barreiros, Trabada e Ribadeo.

O rexedor contou que “hoxe visitounos a conselleira de Industria, Mª Jesús Lorenzana,  para concretar o anuncio que se fixo despois do Consello da Xunta. Foi un anuncio, unha inversión anunciada polo presidente da Xunta, que ten un impacto positivo en Ribadeo e tamén nos concellos limítrofes de Trabada e de Barreiros”. 

Para Vega “esta inversión o que vén sendo é un reforzo á industria, á industria eólica, que evidentemente non debemos desaproveitar ningunha das oportunidades. E desde logo, aquí o que nos traslada a conselleira é que vai haber un impacto moi positivo nos beneficios económicos para Ribadeo, evidentemente é un reforzo da industria, é un reforzo para a creación de emprego e tamén vai ter grandes beneficios para os veciños e veciñas de Ribadeo e da contorna”. 

O alcalde subliñou que “esa rebaixa do 80 % do prezo da luz, do prezo do recibo da luz, eu creo que é un beneficio evidentemente directo a cada veciño.  Estamos a falar así, nun primeiro análise,  de que pode ter un impacto para 540 persoas. E iso é, evidentemente, unha boa noticia. Vamos ter esta reunión para concretar qué influencia, qué área pode coller e se se pode incrementar, vamos valoralo. En definitiva, estamos falando de xestións feitas que estaban paralizadas, que algún estaba moi interesado en paralizar e evidentemente o que fixemos dende este goberno e dende a Xunta de Galicia foi traballar arreo para que Recursos de Galicia, que é este resorte importante para Galicia, porque estamos a falar dunha inversión público-privada con beneficios directos para Galicia e concretamente para o territorio do que estamos a falar, tanto de Ribadeo como dos concellos limítrofes”. 

Dani Vega engadiu: “seguimos xestionando inversión para a zona, concretamente hoxe estamos falando dunha xestión que, evidentemente, Ribadeo liderou e que vamos seguir traballando para que tanto empresas como industrias veñan,  observen un territorio que ten moitas posibilidades e vamos a seguir traballando para xestionar o máximo para Ribadeo. Moitas grazas á conselleira, grazas á Xunta e seguimos traballando para que avancen proxectos importantes para Ribadeo”.

Ir o contido