A cita tivo lugar nunha carpa instalada no peirao, a carón da lonxa.

280925 Foto Día Xubilado Ribadeo 1 (2)

Un total de 360 persoas asistiron este domingo a II Encontro Día do Xubilado, organizado polo Concello de Ribadeo. A cita tivo lugar nunha carpa instalada no peirao, a carón da lonxa.
Despois do xantar servido por Catering Serrado houbo a actuación musical do Dúo Ángel América, que moitos dos asistentes aproveitaron para bailar.

O II Encontro Día do Xubilado foi “un bo momento para compartir entre veciñas, veciños e amizades”, indican desde a Área de Benestar Social. O alcalde, Dani Vega, e varias concelleiras do equipo de goberno acompañaron ás xubiladas e xubilados de Ribadeo neste día.

Ir o contido