Segue a décimo segunda edición de Letras no Campo con diferentes actividades e presentacións ao longo deste sábado.

Segue en Ribadeo a XII edición de Letras no Campo con diferentes actividades ao longo deste sábado. Nesta xornada tiveron lugar as presentacións das últimas obras de autores como Antonio Correa, Lois Pérez, María Solar, Vanesa Arizmendi ou Farruco Graña.
Onte comezou a feira ribadense do libro co pregón de Abril Camino (Premio Xerais 2025) que lembrou que hai libros para todos “só temos que descubrir os nosos e que os libros cambian vidas”. Despois do pregón houbo un animado debate sobre o libro Mulleres que viven xuntas.
Ó mesmo tempo desenvolveuse no Quiosco o obradoiro A arbore de Begoña, onde os pícaros e pícaras crearon un gran monte. O venres rematou co concerto das Churrusquiñas do Colexio Sagrado Corazón que co canto e a pandeireta tentaron pasar por riba da tronada.
Este sábado seguiron as actividades de Letriñas no Campo para as máis pequenas e pequenos da casa, que haberá tamén mañá.

