O alcalde, Dani Vega, subliñou que se trata dunha boa noticia.

O rexedor dixo que “Ribadeo segue reducindo a súa débeda. Pasamos de ter 1,5 millóns de euros, que procede do anterior goberno municipal, pechando así o presuposto de 2023, con ese desaxuste presupostario e agora mesmo temos un desaxuste de 740 mil euros. Polo tanto, reducimos esa débeda e vamos a seguir traballando para actuar con moderación e responsabilidade e tamén aprobando os distintos plans económico financieiros, tamén acordos de non dispoñibilidade de crédito e isto evidentemente axuda a ir cumprindo todas as regras de gasto. Dende o 2015 ven Ribadeo aplicando distintas medidas, aprobando plans económico financieiros, tamén aprobando acordos de non dispoñibilidade de crédito e isto, evidentemente, foi marcando un guión”.
Para Vega “é unha moi boa noticia e vamos seguir traballando nesa liña. Tamén é verdade que todas as axudas que estamos tendo coa Xunta de Galicia firmando convenios onde o aporte económico é do 80 % en moitas obras e noutras chega ao 100 % das obras e é verdade que hai unha obra fundamental na que a Xunta aporta o 80%, pero o 20 % está poñéndoo o Concello de Ribadeo, que é o abastecemento da auga que xa están as obras en marcha. Claro aí si que é verdade que é unha dificultade que se nos vai facer bastante duro, pero por iso no pleno de onte diciamos que a Deputación debera aportar ese 20%, que nos ía axudar moitísimo. Iso fano outras Deputacións, pero a de Lugo non colabora nas obras hídricas, que son fundamentais, nas obras do abastecemento da auga, que son fundamentais para o desenvolvemento e o crecemento das vilas, dos concellos, iso é un problema evidentemente”.
E engadiu: “pero dentro de todas estas obras, de todas estas dificultades, dos distintos servizos que temos que prestar de política social, o SAF, toda a actividade social que estamos tendo, dentro das dificultades, vamos reducindo todo o gasto posible e así reducindo toda a débeda que había. Repito pasando de 1,5 millóns de euros a 740 mil euros”.

