Ribadeo segue amañando as bases dos contedores en todas as parroquias.

Ribadeo segue amañando as bases dos contedores en todas as parroquias

Ribadeo segue amañando as bases dos contedores en todas as parroquias e procede tamén á instalacións de novas marquesiñas nas paradas dos buses. 

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explica que “seguimos traballando no arranxo das bases dos contedores en todas as parroquias de Ribadeo. Vanse renovando paulatinamente os contedores que están deteriorados e tamén os suxeita contedores, así como as propias bases. Estas facémolas de formigón cun acabado en pedra. Imos parroquia por parroquia. Están feitas en Arante, Villamariz, Bestigueiros e Cedofeita. E estamos traballando agora mesmo en Piñeira e na Devesa”.

O edil ribadense insiste en que estas melloras chegarán a todas as parroquias: “queremos que a xente estea tranquila por que chegaremos a todas as parroquias de Ribadeo, entramos nunha parroquia rematamos os traballos aí e pasamos á seguinte e así sucesivamente. Todo vai quedar ben amañado, sobre todo para facilitar tamén o traballo do camión que recolle o lixo, para que os contedores sexan manexables e circulen ben. O que pasaba é que moitos contedores estaban en superficies de terra ou enriba dun prado colocados de mala maneira e cando chega o inverno os contedores entérranse ao estar cheos e seu desprazamento complícase para o persoal que recolle o lixo. Entón para facilitar eses traballos é polo que estamos facendo esas bases de formigón e de pedra. Deste xeito conseguimos que os contedores roden ben ata o camión da recollida”. 

Diego Dos Santos engade: “ao mesmo tempo tamén estamos traballando na renovación das marquesiñas nalgunha parroquia e na estrada xeral da Costa, procedendo á instalación das mesmas que foron cedidas pola Xunta de Galicia”. 

Ir o contido