Ribadeo segue amañando as bases dos contedores en todas as parroquias e instalando novas marquesiñas nas paradas de buses.

Ribadeo segue amañando as bases dos contedores en todas as parroquias e instalando novas marquesiñas nas paradas de buses.

Ribadeo segue amañando as bases dos contedores en todas as parroquias e procede tamén á instalacións de novas marquesiñas nas paradas dos buses. 

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explica que “seguimos traballando no arranxo das bases dos contedores en todas as parroquias de Ribadeo. Vanse renovando paulatinamente os contedores que están deteriorados e tamén os suxeita contedores, así como as propias bases. E tamén estamos a colocar novas marquesiñas nas paradas de buses. As últimas actuacións tiveron lugar en Cruce, O Río e Piñeira”. 

O edil ribadense engade: “o traballo segue tamén durante o verán para ter todo nas mellores condicións posibles”.

Palmeiras

A Concellería de Medio Ambiente continúa “coa terceira fase do tratamento que se lles está a aplicar ás palmeiras contra o picudo vermello. Dáselles dunha ducha de acetamiprid. Segundo nos explican desde a empresa que realiza este traballo trátase dun insecticida sistémico neonicotinoide específico para acabar co picudo vermello, este insecto que leva xa un tempo atacando ás palmeiras de toda esta zona e en outros moitos lugares de todo o mundo”. 

Ir o contido