Ribadeo segue a traballar contra o acoso escolar a través do programa KiVa, implantado en tres centros de ensino.

Ribadeo segue a traballar contra o acoso escolar a través do programa KiVa, implantado en tres centros de ensino.

O Concello de Ribadeo continúa a traballar contra o acoso escolar a través do programa KiVa, implantado no Sagrado Corazón, no Gregorio Sanz e no IES Dionisio Gamallo.

O pasado xoves tivo lugar unha carreira colaborativa na que participaron arredor de 350 escolares de 5° e 6° de Primaria e 1° e 2° de Secundaria, nunha xornada de convivencia, reflexión e compromiso. A actividade rematou coa creación de palabras en equipo e a lectura dun manifesto conxunto.

Hoxe, 2 de maio, celébrase o Día contra o Acoso Escolar, unha data para seguir reforzando este compromiso.

A concelleira de Educación, Begoña Sanjurjo, subliñou que “Ribadeo é o primeiro concello de Galicia que une a todos os centros educativos nesta loita. Grazas ao alumnado pola súa participación e ao profesorado pola súa implicación fundamental”.

Ir o contido