Ribadeo sanciona a quen deixa os excrementos dos seus animais na vía pública.

Ribadeo sanciona a quen deixa abandonados os excrementos dos seus animais na vía pública. 

A concelleira de Seguridade, Montse Seijo, explicou que “dende o Concello de Ribadeo seguimos vixiando certos comportamentos de donos de cans, que non recollen os excrementos dos seus animais. Seguimos sancionando a esas persoas que non respectan a ordenanza municipal”.  

E fai unha chamada ao respecto e ao civismo das persoas: “apelamos ao civismo e ao respecto. Recoller os excrementos non é só unha cuestión de limpeza, que tamén. É unha forma de respectar aos nosos nenos, aos nosos maiores, aos veciños e veciñas e ás persoas que nos visitan, que cada vez son máis os que veñen  vernos”. 

Seijo subliñou: “dende aquí pedimos máis compromiso individual para velar por un interese común, responsabilidade compartida para manter un Ribadeo limpo e maior, entre todos podemos conseguilo”.

Ir o contido