Ribadeo rescindirá hoxe o contrato coa empresa Naray, a
encargada de realizar as obras de reforma do Hospital Asilo, que entrou en concurso de
acredores.

Ribadeo rescindirá hoxe o contrato coa empresa Naray, a encargada de realizar as obras de reforma do Hospital Asilo, que entrou en concurso de acredores.

Ribadeo rescindirá hoxe o contrato coa empresa Naray, a encargada de realizar as obras de reforma do Hospital Asilo, que entrou en concurso de acredores. Será no pleno extraordinario convocado para este martes. 

O alcalde, Dani Vega, indicou que “despois destes meses que tivemos que tomar decisións, xa que a Construtora Naray presentara o concurso de acredores, que nos afecta a este Concello e tamén a varios da contorna, evidentemente tivemos que facer unha revisión de todos os traballos que realizaron na residencia Hospital Asilo. Toda unha certificación, toda unha verificación sobre se estaba todo  perfecto”.  

O rexedor dixo: “entendemos que non cumpriron, ademais de presentar o concurso de acredores, non cumpriron con este Concello, neste pleno de hoxe vamos presentar toda a documentación e a maiores rescindir o contrato con esta empresa. É difícil porque son tramitacións administrativas, burocracia, pero estes pasos son moi importantes para poder seguir traballando. E neste caso xa vamos licitar o 13 % e tamén licitar a lavandería, a cociña, ambos espazos. A primeira decisión é rescindir o contrato e despois reclamarlle á construtora todos os danos que nos causou e os incumprimentos que tivo co Concello. Tamén vai ser unha tramitación difícil. Aquí conxúgase unha tramitación administrativa xurídica, pero é fundamental ter claro os pasos, a parte técnica, tanto de secretaria como de intervención, como todos os técnicos que estiveron traballando na residencia temos que facer as cousas correctamente”. 

Vega subliñou: “na parte da xestión os recursos para licitar a lavandería e a cociña xa os temos, son 360.000 euros, que nos aporta a Xunta de Galicia e en breve licitaremos o 13%. Queda pouco por facer, pero esta parte é fundamental porque dado que en novembro ou principios de decembro paran de realizar a obra ata o de agora hai un incremento dos custes.  Desgraciadamente, iso repercute negativamente para o Concello e agora temos que buscar ese orzamento necesario para acabar esta obra. Unha obra que se complicou na última parte, unha obra que evidentemente non cumpriu a empresa construtora co Concello, e nosoutros o que fixemos sempre foi protexer a institución, facer as cousas xurídica e administrativamente correctas e reclamar agora todos os incumprimentos que tivo a empresa construtora co este Concello”. 

E engadiu: “eu quero resaltar o traballo que fixeron os técnicos, tanto os técnicos que traballaron na obra como os técnicos tanto de secretaria como de intervención, porque fixeron un traballo que outros Concellos seguen pelexando para resolver este problema. Non todo sae ben, non todo é responsabilidade municipal, hai cousas que evidentemente, como neste caso,  repercútenos a nós e temos que solucionalo. Neste pleno vamos aprobar rescindir o contrato coa empresa Naray”.

Ir o contido