Ribadeo rehabilitará e converterá en espazo cultural a capela da Virxe do Camiño.

Ribadeo rehabilitará e converterá en espazo cultural a capela da Virxe do Camiño.

Ribadeo rehabilitará e converterá en espazo cultural a capela da Virxe do Camiño. Concello e Bispado asinaron a cesión de uso deste edificio. No exterior serán eliminadas as barreiras arquitectónicas. 

O alcalde, Dani Vega, contou que “firmamos a cesión de uso por parte do Bispado ao Concello de Ribadeo da capela Virxe do Camiño.  Un espazo, un edificio que estaba sen ningún tipo de uso, levaba desacralizado moitísimos anos e cando chegamos ao goberno, dentro da planificación de inversións que temos pensado para desenvolver, este espazo  era un deles”. 

O rexedor explicou: “tomamos a decisión de, primeiro, garantir un orzamento, e iso xa o temos a través da Consellería, estamos redactando o proxecto e iso vainos dicir a cantidade que temos que concretar. Pero hai disposición por parte da Consellería en colaborar con nos. Segundo, tiñamos que ter unha proposta para saber, para concretar que queremos deste espazo, deste capela. Queremos que sexa un espazo cultural, unha sala multifuncional, evidentemente, dentro das actividades culturais que ten o Concello programado.  Terceiro, qué proxecto queremos para a capela. Si, hai que rehabilitar o edificio, pero tamén hai que modernizar o exterior. Todo o exterior non cumpre coas medidas de accesibilidade. En consecuencia se vai ser un edificio para que acudan as persoas temos que darlle cabida a todas as persoas, tamén ás que teñen mobilidade reducida deben disfrutar deste espazo”.

Vega subliñou: “accesibilidade,  concretar o que queríamos deste edificio e a colaboración da Xunta. E todo isto que temos xestionado, parte do inicio de que o Bispado nos cedera o uso deste edificio.  Agradezo ao Bispo de Mondoñedo e a todo o conxunto da Diocese do Bispado por entender que o Concello  quere disfrutar dun espazo que leva sen uso moito tempo e tamén á parroquia de Ribadeo por esta colaboración”.

Para o alcalde de Ribadeo “esta é  unha moi boa noticia, unha noticia que evidentemente levamos xestionando tempo, pero que se concreta e a partir de agora van seguir as noticias no entorno tamén deste edificio tan significativo e tan importante para todos os ribadenses”.

Ir o contido