Ribadeo recibiu a bandeira verde de Galicia.

Ribadeo recibiu a bandeira verde de Galicia

Ribadeo recibiu a bandeira verde de Galicia, unha distinción da Xunta para aqueles municipios máis comprometidos coa protección do medio ambiente. 

Ata Mos se desprazou o concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos. O acto contou coa participación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez. 

Diego Dos Santos dixo que “este galardón é un recoñecemento ao traballo realizado e tamén un aliciente para seguir apostando polo coidado do noso entorno natural”. 

Ir o contido