Ribadeo recibe un dos premios Deporte Galego 2024, concedidos pola Xunta.

Ribadeo recibe un dos premios Deporte Galego 2024, concedidos pola Xunta

Ribadeo recibe un dos premios Deporte Galego 2024, concedidos pola Xunta, neste caso a unha entidade de carácter público. Os galardóns serán entregados nun acto que se desenvolverá no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, en Pontevedra, o vindeiro 10 de setembro.

O alcalde, Dani Vega, amósase moi satisfeito por este recoñecemento: “moi satisfeitos e moi contentos de que a Xunta destacara que o Concello de Ribadeo é a institución municipal, é o Concello de toda Galicia que mellor xestionou o deporte. Iso non é grazas simplemente ao Concello, ao técnico de Deportes (Iván) ou a Fran, o concelleiro de Deportes, é porque é un traballo conxunto coas entidades, cos clubs, coas asociacións que fan un traballo constante e continuo, que poñen parte do seu tempo, da súa vida persoal, á que lle sacan horas para entregarllas ao deporte e a tantas nenas e nenos que están na práctica deportiva”.

O rexedor declarou: “moitas grazas a todos porque realmente sodes os merecedores desta condecoración ou poñer de manifesto que si facemos as cousas conxuntamente saen mellor. O Concello fai todo o posible, é verdade que custa moito porque o orzamento é o que é e temos que chegar a todos. Con traballo continuo e con esa dedicación permanente Ribadeo vai seguir poñendo de manifesto que o deporte é algo fundamental, que é algo moi importante. E eu creo que unha institución teno que xestionar ben e isto o que nos acredita é que nestes dous anos houbo un incremento das actividades deportivas. Nosoutros pensamos e defendemos que o deporte é algo estratéxico, a práctica do deporte é fundamental, pero tamén hai que velo como un elemento dinamizador da vila e fundamental para Ribadeo”. 

Vega dixo que “entre todos seguiremos traballando. Felicitar a todas as entidades deportivas, clubs, asociacións. Felicitar tamén a Iván, o técnico de Deportes e a Fran, o concelleiro, porque así é como se fan as cousas conxuntamente e seguir loitando para continuar mellorando as instalacións. Nestes momentos estamos mellorando o pavillón da rúa Alfredo Deaño e tamén hoxe anunciamos a mellora de toda a instalación do pavillón de Cubelas, é dicir nova cuberta, novo alumeado, pintado da pista e novo cerramento dos laterais. Así é como se deben facer as cousas, non tan rápido como queremos, pero si pouquiño a pouco poñendo todo o orzamento e destacar que a Xunta de Galicia nos axuda moitísimo a que isto sexa posible. Seguir así, traballando que así é como Ribadeo avanza”.

Ir o contido