Ribadeo recibe 320.000 euros da Xunta para o remate das obras do Hospital Asilo.

Ribadeo recibe 320.000 euros da Xunta para o remate das obras do Hospital Asilo.

Ribadeo recibe 320.000 euros da Xunta para o remate das obras do Hospital Asilo. O alcalde, Dani Vega, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, así o plasmaron no convenio asinado no día de hoxe. 

O rexedor explicou que “foxe firmamos un novo convenio con Política Social para rematar as obras do Hospital Asilo. Son 320.000 euros que irán destinados ao remate do 13% que nos queda pendente e xa tamén imos licitar a lavandería, a cociña e as súas instalacións”.

Vega subliñou que “estes 320.000 euros xúntanse ao 700.000 euros que xa nos achegara a Xunta. Estamos moi agradecidos. Grazas a isto o Concello non terá que poñer orzamento propio”.

O alcalde lembrou os momentos complexos vividos nos últimos meses tras o concurso de acredores presentado pola empresa que estaba a executar a obra, que se paralizou, así como o incremento dos prezos dos materiais. A pesares de todo insistiu en que “a obra do Hospital Asilo rematará sen que o Concello teña que poñer cartos. Todo foi moi complexo e difícil, a empresa non cumpriu, dado que deu en quebra. Ribadeo non foi un caso illado porque tamén lles pasou o mesmo na Pontenova, en Riotorto e en Guitiriz”. 

E engadiu: “este reforzo económico era totalmente necesario para o noso Concello”. 

Ir o contido