Ribadeo realizará melloras nos locais sociais das parroquias grazas a unha achega da Xunta de Galicia.

Ribadeo realizará melloras nos locais sociais das parroquias grazas a unha achega da Xunta de Galicia e ao traballo conxunto entre asociacións e Concello.
O alcalde, Dani Vega, indicou: “seguimos xestionando orzamento para mellorar os locais sociais de cada parroquia. Agradezo o traballo que fan as asociacións de veciños todos os días organizando eventos e tamén solicitando colaboración, axudas e subvencións para mellorar estas instalacións. Isto foi un traballo conxunto, un traballo que, evidentemente, ten unha vocación de conservar e coidar o que é de todos. E neste caso, vamos actuar en Arante na renovación da cuberta e no solo do local social, vamos actuar en Couxela, incrementando, dándolle maior espazo á pista para que poidan celebrar mellor os distintos eventos, tamén o equipamento para os nenos e nenas da parroquia, en Piñeira vamos hormigonar todo o exterior de ambos locais, está con moita necesidade, melloraremos tamén a accesibilidade, mellorar tamén o local que está ao lado mesmo da Escola de Couxela, vamos actuar en Vilaframil mellorando a iluminación, en Vilaselán renovando todo o peche, todas as ventás, tamén un novo sistema de calefacción e tamén imos mellorar a iluminación exterior, en Cubelas tamén a iluminación exterior e en Ove a iluminación exterior”.
Para o rexedor: “todas estas inversións, estas xestións son fundamentais. Faise traballando conxuntamente coas asociacións e grazas tamén á Xunta de Galicia porque é un financiamento 100 % para mellorar os locais sociais”. O rexedor subliñou que “vamos seguir nesta liña, vamos seguir mellorando tamén outras cousas en cada parroquia, pero había que actuar nestes locais sociais xa que estaban certamente uns abandonados ou moi pouco coidados e outros que apenas teñen iluminación no exterior. Polo tanto, detectando as cousas e planificando as inversións e traballando coas asociacións é como se fan as cousas, cun traballo conxunto para que siga Ribadeo avanzando”.

