Tanto no acceso principal como no propio barrio. O investimento ascende a 50.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, indicou que “seguimos xestionando orzamento e neste caso actuamos en Folgosa, no acceso principal, dado que estaba moi deteriorado quixemos renovalo e non soamente naquelo que se ve, senón naquelo que non se ve, actuando no importante na recollida de augas, no saneamento, tamén na mellora e na nova colocación de luminarias porque estaba sen iluminación o acceso e tamén o pavimentado”.
O rexedor contou que “temos que actuar tamén no barrio de Folgosa, dado que se acumula bastante auga diante das portas das casas. Vamos renovar toda esa zona e tamén vamos actuar dende a rotonda do Vilar ao polígono industrial e dende o polígono industrial á estrada que nos leva á Escola de Piñeira”.
Vega subliñou: “estamos diante dunha actuación de renovación de pavimento e tamén de mellora do saneamento, abastecemento e iluminación, que fai un plan importante cunha inversión de máis de 50.000 euros para esta infraestrutura”.
As peticións dos veciños e veciñas de Folgosa son atendidas polo Concello: “quixemos escoltar aos veciños, demandaban a mellora do pavimento da pista onde realizan os eventos e as súas festas, dado que tamén está moi destrozado. Vamos canalizar o frontal da parcela e vamos aglomerar o fronte da pista, que está destrozado. Seguimos xestionando orzamento da Xunta de Galicia, actuando naqueles puntos onde está moi destrozado o pavimento e baixo esa planificación de inversión, desgraciadamente non pode ser todo tan rápido como queremos, pero dentro do plan estratéxico, o plan Avanza Rural, vamos actuando en todas as parroquias, en todos os núcleos de poboación, pasiño a pasiño e tendo en conta as peticións que nos fan chegar as asociacións veciñais”, engadiu o alcalde ribadense.

