Ribadeo realiza tarefas de limpeza no entorno da fonte de Guimarán e noutros puntos da zona portuaria.

Ribadeo realiza tarefas de limpeza no entorno da fonte de Guimarán e noutros puntos da zona portuaria. Por seguridade e para evitar desprendementos estase eliminando a maleza.
O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos mellorando todos os espazos que estaban abandonados. Un exemplo era a fonte de Guimarán ata a capela de San Miguel, que presentaba un abandono total e absoluto. O que fixemos foi unha limpeza motivada total e absolutamente pola falta de seguridade que estaba causando esa maleza, con desprendementos continuos cara a rúa Calvo Sotelo e o que fixemos foi limpar todo o lateral, incluso con maquinaria, con pluma, que ten un desarrollo de 17 metros, e limpa perfectamente todo o lateral que está ou que limita coa Rúa Calvo Sotelo, en toda esta zona vaise conseguir en estes días unha limpeza absoluta”.
Os traballos seguirán por outros puntos da zona portuaria: “non só aquí, senón que tamén temos que facer esa limpeza no entorno do ascensor, en puntos que hai na zona tamén antes de chegar a Cabanela, que non podemos limpar sen esta maquinaria de altura para chegar a todos estes puntos complexos. O que pretendemos é limpar e despois conservar estes puntos para que non caian outra vez nese abandono”, explicou o rexedor.
Vega subliñou: “é todo un traballo realizado por parte do Concello coa colaboración da Xunta de Galicia. Nesta liña vamos seguir. Creo que é importante facer cousas pero tamén, sempre o dicimos, é moi importante conservar, sobre todo estes espazos que son altamente visitados, que son altamente turísticos, e creo que desde un punto de vista medioambiental debemos ter esa conservación. E desde un punto de vista turístico tamén é importante dar unha moi boa imaxe”.

