Ribadeo realiza a maior inversión da historia na mellora e limpeza dos camiños. Así o subliñou este sábado o alcalde, Dani Vega, que dixo que “é un traballo fundamental que era importante realizar”.

O rexedor contou que esta actuación está enmarcada dentro do Plan Avanza Rural: “actuamos en vías principais, tamén en estradas de terra as que coñecemos como pistas de concentración, pero actuamos nas pistas forestais”.
Vega dixo que “había moitos anos da abandono e é verdade que foi moi complicado trazar onde íamos facer todos os traballos porque moitos camiños estaban todos abandonados, non se sabía moi ben por onde ían. Foi un traballo técnico do Concello de Ribadeo e tamén da Xunta de Galicia, pero é que destacar a gran colaboración que tiveron con nos os veciños, porque eles saben perfectamente onde están os camiños, eles saben perfectamente os problemas que teñen e evidentemente este asesoramento, esta axuda é fundamental”.
O alcalde relatou que “moitos dicían que foron moitos anos de abandono, eran camiños de escasos 2 metros de ancho e agora pasan a ter 8 metros de ancho. Son verdadeiros corta lumes e evidentemente isto debemos conservalo. Está moi ben todo o se está a facer nestes momentos, que é unha limpeza, actuamos con motonivelaroda facendo cunetas, tajeas, porque tamén é importante eliminarlles as augas aos camiños e estamos retirando moitos árbores que están plantados nas pistas e isto non o podemos permitir e evidentemente baixo a lei estamos actuando, o Concello vai retirar todos eses árbores que están plantados nas pistas, actuamos baixou a lei de montes de Galicia e polo tanto eu tamén pido que se entenda que o importante é ter boas pistas de acceso, é dicir unha seguridade no momento no que se produce un incendio, que teñamos pistas onde poida entra todo o tipo de maquinaria. E tamén é a responsabilidade individual de actuar para que os camiños estean conservados”.
Vega considera que “tamén é importante no momento da saca de madeira que se cumpra a ordenanza, é dicir non pode pasar por unha pista unha cabeza tractora sacando toneladas de madeira, cando os camións entran perfectamente ata as fincas e pódese cargar aí e despois vai haber puntos tamén de carga. Todo o que se está facendo agora é moi bo, é moi positivo, porque está a mellorar todos os camiños, pero tamén ten que haber unha conservación no futuro e debe haber unha responsabilidade individual para conservalo”.
O rexedor destacou: “a inversión que é da Xunta de Galicia, a xestión que a realizou o Concello e que estamos traballando conxuntamente asociacións veciñais e o Concello e eu creo que este traballo está dando moi bos resultados. Nestes momentos empezamos en Cedofeita e en Piñeiro, porque foran os dous puntos onde arderon 2750 hectáreas conxuntamente con Vilaframil e unha parte da Devesa, pero actuamos agora nestes momentos en estes dous lugares tanto en Cedofeita como en Piñeiro. Houbo que actuar porque moitos deles estaban completamente cerrados e é evidente que hai que actuar cun bulldozer e son moitos días de traballo. Queda moito por facer, é verdade que hai moito feito, e iremos actuando baixou esta planificación. O importante que temos que destacar é que é a primeira vez que se fai una limpeza de todas as pistas, é a maior inversión da historia na limpeza das pistas, que pasamos de ter camiños de 2 metros a 8 metros e iso tamén nos converte nun Concello que está na vangarda e facendo unha planificación forestal e actuando, limpando, mellorando para combater os incendios, é dicir dotando de seguridade”. E engadiu: “grazas á Xunta de Galicia por esta colaboración. E seguiremos traballando porque queda moito por facer”.

