Segue deste xeito planificación anual da limpeza na vila e nas parroquias.

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explica que “seguindo coa planificación anual que nos marcamos no Concello de Ribadeo procedemos por terceira vez ao lavado dos contedores. Comezamos pola vila, polo casco urbano, e seguiremos polas parroquias para telos todos en perfectas condicións”.

O edil ribadense indica que “isto forma parte da programación anual da Concellería de Medio Ambiente que inclúe, entre outras actuacións, a limpeza das rúas, os desbroces, os baldeos a presión que facemos na zona vella, a desratización, etc. Todo polo ben de Ribadeo e para ter un pobo o máis limpo posible”.

Ir o contido