O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, subliñou que “esta é a terceira vez que actuamos este ano”.

Ribadeo procede a desratizar varias zonas da vila. O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, subliñou que “esta é a terceira vez que actuamos este ano”.

O edil ribadense explicou que “imos atendendo os avisos que recibimos dos veciños de Ribadeo. Contactamos cunha empresa que se dedica a realizar estes traballos e procedemos á desratización”.

Dos Santos contou que “estes días estamos actuando nas rúas Paco Lanza, Ibáñez, Fornos, Virxe do Camiño, Río de Amalló e Irmáns Moreno Ulloa, entre outras”. E engadiu: “aqueles veciños que detecten roedores que se poñan en contacto coa Delegación de Medio Ambiente para recompilar todos os datos e proceder á desratización desas zonas afectadas”.

Ir o contido