Ribadeo participa en Zamora no Foro Nacional de Intelixencia Artificial e Accesibilidade Universal.

Ribadeo participa en Zamora no Foro Nacional de Intelixencia Artificial e Accesibilidade Universal.

Ribadeo participa hoxe en Zamora no Foro Nacional de Intelixencia Artificial e Accesibilidade Universal. 

O alcalde, Dani Vega, contou que “o Concello de Ribadeo participa en Zamora no Foro Nacional de Intelixencia Artificial e Accesibilidade Universal. Estamos a falar de temas onde queremos poñer en valor e centrarnos na persoa. Neste caso a intelixencia artificial e o que veñen sendo todos os dereitos, garantías e toda a regulación que está habendo”. 

O rexedor subliñou que “nesta mesa sacamos varias conclusións, unha delas eu creo que é que hai que vivir na realidade, nesta realidade da IA e aquí pensar que debemos modernizar a administración, sobre todo a administración local, tamén reivindicar presuposto ás administracións, tanto á autonómica como á Deputación Provincial, e ten que haber formación.  E eu creo que ten que haber ese proceso de adaptación dos técnicos municipais e vivir nesa realidade, nesa conexión coa intelixencia artificial”.  

Vega seguiu a relatar que “estamos falando tamén de dereitos das persoas,  que a intelixencia artificial non debe substituír á persoa e tamén ten que existir unha regulación. Nesta mesa, que moderou  e coordinou Ribadeo, sacamos estas conclusións. Tamén é verdade que puxemos exemplos prácticos nos que o Concello de Ribadeo está traballando, na contratación coa asociación Down de Lugo dunha persoa en alcaldía, polo tanto un exemplo claro, onde as oportunidades para todas as persoas son claras e pensando na integración.  E tamén na accesibilidade á praia dos Bloques da man de Cruz Roja, proxecto financiado pola Xunta de Galicia e no Concello de Ribadeo tivemos esta praia accesible con sillas anfíbias, muletas e todo o material que permitiu que todas as persoas disfrutaran da praia dos Bolques e non só quedándonos na parte do equipamento, senón poñéndolle unha persoa de acompañamento para, eu creo que, axudar e facilitar que esa persoa disfrutara da praia dos Bloques”. 

O alcalde ribadense anunciou que “vamos seguir traballando noutros areais e creo que a Federación Española de Municipios e Provincias na que estamos integrados, fixouse en Ribadeo, no que está facendo na accesibilidade nas rúas, na accesibilidade nas praias, no modelo de integración na contratación de persoas con síndrome de down e tamén no que vén sendo na modernización da administración. Polo tanto, digamos claro todo o que fixemos durante estes anos, vamos a seguir traballando”.

Ir o contido