Ribadeo organiza novos cursos dixitais gratuítos para maiores de 60 anos.

FORMULARIO INSCRIPCIÓNS

O Concello de Ribadeo pon en marcha unha nova programación de cursos formativos gratuítos centrados no ámbito dixital, dirixidos a persoas maiores de 60 anos. As accións desenvolveranse na Casa da Xuventude en horario de 17:00 a 20:00 horas e abordarán diferentes contidos prácticos para facilitar o uso da tecnoloxía no día a día.

A programación inclúe un curso sobre trámites coa Administración Pública, que terá lugar os días 13, 15 e 17 de abril; outro centrado en fotografía, vídeo e edición con móbiles, os días 20, 22 e 24 de abril; e un terceiro sobre navegación e localización na era dixital, previsto para os días 11, 13 e 15 de maio.

As inscricións están abertas desde hoxe e deberán realizarse obrigatoriamente mediante a presentación do formulario oficial. Este documento pode descargarse na web municipal ou recollerse no propio Concello, pero en todos os casos deberá entregarse cuberto no Rexistro do Concello de Ribadeo para formalizar a solicitude.

Ir o contido