Ribadeo mellorou o equipamento da escola infantil. O investimento ascendeu a 20.000 euros.

Ribadeo mellorou o equipamento da escola infantil. O investimento ascendeu a 20.000 euros.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos xestionando orzamento, seguimos solicitando subvencións á Xunta e vamos pouquiño a pouco atendendo estas necesidades que eran moi importantes, vámolas solucionando. E neste caso trátase do equipamento da escola infantil. Fai poucos días informábamos da axuda para toda a escola infantil e agora concretamos todo o equipamento, concretamente os armarios, que estaban todos apolillados. Desgraciadamente non se podían utilizar, e a iso xa se lle puxo solución, hai novo equipamento, concretamente novos armarios, tamén cadeiras e mesas. Pero pouquiño a pouco vamos seguir nesa inversión que leva facendo a Xunta de Galicia, que xa vai desde o 2024 ata o de agora en 100.000 euros”.
O rexedor subliñou que “neste caso, o equipamento foron 20.000 euros na mellora que fixemos na escola infantil. Pouco a pouco tamén vamos ir solicitando máis axudas, porque estamos vendo que ao mellor fan falta outro tipo de cousas. Hoxe tivemos tamén unha reunión coa dirección, coas traballadores e traballadoras da escola infantil para ver esas necesidades, vamos falar coa Xunta de Galicia e ir poñéndolles solución. Pouco a pouco, como digo, estamos solucionando problemas, tamén traendo e xestionando moita inversión e así Ribadeo é como avanza”.
Ata a escola infantil se desprazaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra.

