Ribadeo mellorará a rúa dos Galos grazas a un convenio coa Xunta de Galicia.

Ribadeo mellorará a rúa dos Galos grazas a un convenio coa Xunta de Galicia.

Ribadeo mellorará a rúa dos Galos grazas a un convenio coa Xunta de Galicia. O investimento ascenderá a máis de 92.000 euros. 

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos xestionando e investindo para mellorar as nosas vías de comunicación, as nosas rúas e estamos facendo esa xestión necesaria. Nestes momentos acábannos de conceder un convenio de 92.597,48 euros para arranxar e investir na rúa dos Galos.  Sabemos do seu estado lamentable, cando chegamos ao goberno xa estaba completamente desfeita, fomos xestionando inversión noutras rúas que tiñamos que priorizar e agora con esta subvención nos próximos meses empezarán as obras”. 

O rexedor indicou que “nestes momentos estamos pendentes de que nos envíen o convenio, licitaremos e adxudicaremos nos próximos meses e empezarán as obras. É unha obra moi necesaria, unha obra fundamental nunha vía de comunicación que dá saída directamente á autovía e polo tanto para nós é moi importante”.

Vega subliñou: “estes 92.597,48 euros teñen un destino claro que é mellorar unha das rúas que estaban en peor estado e polo tanto melloraremos esta infraestrutura”.

Ir o contido