Ribadeo mellora as vías secundarias. Estes días actúa en Remourelle.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos xestionando orzamento ante a Xunta de Galicia e neste caso é para mellorar as vías secundarias, as pistas de concentración. Actuamos baixo dúas liñas. Primeiro, xestionando orzamento de motoniveladora, camión e pala para facer os traballos de limpeza, previos para despois botar a saburra, que tamén nos aporta a Xunta de Galicia. E segundo esixir responsabilidade ás empresas que traballan nesta zona, empresas forestais, empresas de servizos agrícolas que, dado o seu traballo, destrozan moitas pistas e teñen a obriga por ordenanza municipal de devolvelas ao estado no que as atoparon”.

O rexedor contou que “neste traballo estamos e neste caso estamos actuando en Remourelle, tamén coa colaboración da Xunta de Galicia e tamén esixíndolle a súa responsabilidade á Cooperativa Clun, como lle esiximos a outras empresas madeireiras, e creo que iso é o responsable e o coherente. Para iso ten que haber, evidentemente, unha planificación, detallar nun programa de traballo, que nós presentamos cando chegábamos ao goberno, Plan Avanza Rural que non só inviste en estradas principais actuando con aglomerado, senón tamén nas vías secundarias nas pistas de concentración, limpándoas como xa actuamos en todas as parroquias da costa e tamén en parroquias do interior e agora vamos seguir baixo esa planificación”.

Vega tivo palabras de agradecemento para a Xunta de Galicia: “agradecer á Xunta de Galicia o traballo que está facendo neste concello, firmando convenios e neste caso convenios moi importantes como son a mellora das nosas vías secundarias, pistas que serven e prestan moito labor a gandeiros, a agrícolas para acceder ás súas parcelas e tamén disfrutámoslas desde un punto de vista máis lúdico como pode ser paseando moita xente polas pistas tanto de parroquias do interior como da costa”.

O alcalde ribadense engadiu: “seguimos investindo, seguimos mellorando as nosas estradas, as nosas pistas secundarias, pistas de concentración, que levaban certamente moito tempo sen mellorar, sen investir diñeiro público sobre elas e xa tocaba. Polo tanto planificación, xestión e rigor á hora de traballar dende o Concello”.

Ir o contido