Ribadeo mellora as instalacións do Círculo Habanero da Devesa

220925 Foto visita Círculo Habanero

Ribadeo mellora as instalacións do Círculo Habanero da Devesa co obxectivo de preservar o seu legado indiano.

O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos mellorando todos os locais sociais das parroquias e colaborando coas asociacións de veciños. O primeiro que facemos desde o Concello é dar as grazas por todo o traballo que están a facer desde un punto de vista de actividade nas parroquias, pero tamén reivindicando e colaborando co Concello para xestionar orzamento e así mellorar os locais sociais. Grazas de corazón por todo o traballo que estades a facer. E nós seguimos colaborando en todo aquilo que precisan, desde a actividade, o propio dinamismo que debe ter tamén unha parroquia, coas súas celebracións, coas súas actividades, que é como se debe chamar ás cousas polo seu nome, é dicir axudar e colaborar co asociacionismo para ter unha vida e un dinamismo permanente en cada parroquia, en cada lugar”.

O rexedor manifestou: “tamén mellorar as instalacións que son de titularidade municipal nalgún caso e noutro non, por exemplo na Devesa, grazas á asociación de veciños de Santa Eulalia da Devesa e tamén á asociación que coordina o Círculo Habanero estamos volvendo a investir nunha instalación que ten un legado histórico, unha arquitectura indiana que debemos conservar, pero debemos mellorar”.

Vega explicou que “para que todas as persoas poidan disfrutar destas instalacións debe ter unha accesibilidade. Estamos eliminando todas as barreiras arquitectónicas, estamos mellorando o sistema eléctrico, a fontanería e tamén estamos realizando un pintado ao edificio central do Círculo Habanero. Unha parte foi solicitada unha subvención que en obra chega a 12.000 euros e outra un convenio excepcional por parte da Xunta de Galicia ao Círculo Habanero para mellorar a instalación. Tamén teñen un orzamento de preto de 5.000 euros para a adquisición de mobiliario: mesas, cadeiras, arquivadores, equipamento informático, iso todo tamén se lles aportou. E vamos mellorar todo o escenario que na planta baixa ten o Círculo Habanero para seguir facendo as actividades culturais que temos programadas ao longo do ano”.

O alcalde subliñou: “seguimos colaborando con todas as asociacións, seguimos evidentemente xestionando o orzamento para mellorar as instalacións, que en moitos casos son municipais, pero que a asociación ten totalmente a potestade tamén para facer actividades, para solicitar subvencións, é dicir traballando perfectamente en unión como é en Ribadeo porque así pensamos e creemos que avanzamos máis rapidamente”.

Ir o contido