Ribadeo mellora as infraestruturas no barrio de Santa Cruz e noutras parroquias do municipio.

Ribadeo mellora as infraestruturas no barrio de Santa Cruz e noutras parroquias do municipio.
O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos mellorando as nosas infraestruturas, as nosas vías de comunicación, cun orzamento de 372.000 euros e actuamos en moitas delas, actuamos en A Devesa, en Vilaframil, en Vilaselán, en Piñeira, en Ove ou en Couxela. Isto sería o plan no que estamos actuando nestes momentos. Xa estamos para licitar o segundo Plan Único, que tamén vamos actuar neste ano en moitas parroquias e agora o que queremos é informar de que estamos rematando xa as obras, que vamos facer máis cousas das que tiñamos previstas, por exemplo a recollida de augas pluviais e fecais que estaban danando as estradas. En Santa Cruz pasaba a auga por toda a estrada e iso destrozou todo o pavimento e agora vamos a recoller todo e sanear todas as estradas”.
Para o rexedor “son actuacións importantes, non só de mellora do pavimento, senón tamén de mellora para recoller as augas e separar pluviais e fecais. Algunhas son actuacións que se ven como é o pavimento aglomerado e actuacións que non se ven tanto cando entubas toda esta recollida de auga e a separación de ambas. O que é importante é que estamos actuando para mellorar as estradas, para mellorar as nosas infraestruturas. En moitas parroquias era bastante complicado pasar por algunha delas, por exemplo na Devesa actuamos en cinco puntos que eran intransitables ou en Vilaselán, en Xandabaixo, era imposible pasar e é unha vía de comunicación importante que comunica as superficies comerciais de Ribadeo coa parroquia. Ou tamén en Ove, onde era imposible que no barrio de Santa Cruz entraran con tranquilidade cos coches porque está destrozada e a auga estaba pasando por enriba da estrada ou en Couxela e de igual maneira era imposible pasar por esta estrada de Maizán”.
Vega subliñou: “son melloras importantes, son 372.000 euros. Xa estamos redactando para publicar e así licitar as obras do seguinte Plan Único. E destacar que o Plan Único é fundamental para os Concellos, o plan da Deputación que dota a todos os Concellos dun orzamento importante para mellorar as infraestruturas, tamén estamos a falar de emprego ou tamén daquilo que destinamos ao Servizo de Axuda no Fogar”.
O alcalde insistiu en que “seguimos traballando nesta planificación de mellorar as infraestruturas, xa sabemos que están moitas delas moi mal, somos conscientes, pero no tempo que levamos estamos arranxando e investindo en moitas estradas que levaban anos e anos destrozadas e agora pódese pasar por elas. Vamos seguir nesa liña, na de planificar e mellorar puntos que son fundamentais para todos. Esta inversión de 372.000 euros é unha inversión fundamental para mellorar as vías de comunicación das nosas parroquias”.

