Ribadeo mellora a iluminación da área recreativa de Santa Cruz.

Ribadeo mellora a iluminación da área recreativa de Santa Cruz.

Ribadeo mellora a iluminación da área recreativa de Santa Cruz. O investimento ascende a 50.000 euros. 

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos xestionando orzamento para mellorar espazos naturais, recursos turísticos, como temos en Ribadeo. Un deles é o monte de Santa Cruz, algo que nos representa a todos os ribadenses, algo moi noso e que tiñamos a obriga de conservar. Cando chegamos ao goberno, puxémonos en contacto coa Comunidade de Montes e fixemos unha programación para ir investindo. Primeiro, fixemos un desmeste, eliminación de árbores e plantas invasoras, tiñamos que actuar de urxencia. Iso xa o fixemos e agora o que estamos facendo é conservar. Tamén realizamos melloras na área recreativa como toda a colocación dunha nova varanda de madeira como tamén a mellora de todo o miradoiro. Esta inversión foi certamente importante, pero o que estamos facendo agora é conservar todo o que fixemos hai un tempo”.

O rexedor subliñou que “agora xestionamos outro orzamento, outro convenio, para mellorar a iluminación de toda a área recreativa. Actuamos no miradoiro, xa que non había iluminación, como tamén na parte superior da área recreativa, na que tampouco existía iluminación, e tamén na área recreativa principal, onde está a cruz, o monumento ao gaiteiro feito por Faílde. Estes elementos arquitectónicos culturais que representan Ribadeo, tamén van ser iluminados. É a primeira vez que o monumento ao gaiteiro vai ter iluminación, o cal nos parece moi importante”. 

Vega indicou que “estes 50.000 euros demostran claramente este traballo constante e continuo de busca do orzamento necesario para arranxar todos os espazos. Queda moito por facer, pero o importante é ter a clara vocación de traballo e xestión de convenios para investir e manter no tempo, iso quere dicir conservación de todos estes espazos, que é o importante tamén”. 

O alcalde declarou: “felicitar á Comunidade de Montes por esta colaboración que estamos tendo tanto a esta dirección como á anterior directiva. Este traballo conxunto está dando froitos e queda moito por facer. Xa estamos xestionando tamén para arranxar os accesos, pero de forma programada son todo melloras nun espazo tan significativo, tan importante para todos os ribadenses e un dos mellores miradoiros que ten Galicia. A obriga do Concello era traballar, é traballar, coa Comunidade de Montes, xestionando orzamento e así mellorar espazos para que Ribadeo siga avanzando”. 

Ir o contido