Ribadeo lembra a figura do filántropo Ramón González no día no que se cumpre o centenario do seu pasamento. 

A pegada deste ribadense, emigrante na Arxentina, está presente na Praza de Abastos de Ribadeo e no Cine Teatro para cuxas construcións fixo importantes donativos. O seu legado marcou profundamente a vida social, cultural e patrimonial de Ribadeo e do Porriño, a vila da que era natural a súa muller. Ribadeo e O Porriño irmandáronse o pasado mes de xuño e á figura de Ramón González estivo dedicada a décima edición do Ribadeo Indiano deste 2025. 

Ramón González e a súa dona, Corona González, sempre se amosaron interesados por  patrocinar calquera empresa cultural que tiveran preto e a súa implicación no progreso das súas respectivas vilas, fixeron deles unhas figuras entrañables. 

O filántropo ribadense faleceu no Porriño o 15 de decembro de 1925. Os seus restos mortais foron trasladados días despois a Ribadeo, onde foi soterrado.  

Ir o contido