Ribadeo lamenta o pasamento de Elías García López.

Ribadeo lamenta o pasamento de Elías García López

Ribadeo lamenta o pasamento de Elías García López, quen fora concelleiro entre os anos 1991 e 2007.

“No nome da Corporación Municipal de Ribadeo querémoslle facer chegar o noso pesar á familia de Elías García López, veciño de Cubelas e edil durante moitos anos, entre 1991 e 2007, no Concello de Ribadeo no equipo de goberno de José Carlos Rodríguez Andina e tamén na oposición”, sinalou o alcalde, Dani Vega. 

E engadiu: “lembramos o seu traballo e a súa dedicación a Ribadeo”. As bandeiras do Pazo de Ibáñez ondean a media asta na súa memoria. 

O funeral de Elías García López terá lugar mañá, 24 de xaneiro. 

Ir o contido