O Concello ven de licitar as obras con cargo ao Plan Único da Deputación de Lugo e ao Agader da Xunta de Galicia.

Ribadeo inviste 700.000 euros no arranxo das vías de comunicación. O Concello ven de licitar as obras con cargo ao Plan Único da Deputación de Lugo e ao Agader da Xunta de Galicia.
O alcalde, Dani Vega, sinalou que “seguimos xestionando orzamento e nestes momentos o Concello sacou a licitación o Plan Único da institución provincial, 370.000 euros cos que vamos actuar en distintas parroquias. Tamén sacamos a licitación o Agader da Xunta de Galicia, onde vamos actuar concretamente nunha vía de comunicación moi importante e que está destrozada concretamente en Vilamariz”.
O rexedor explicou: “vamos conveniar e nestes momentos xa estamos actuando nalgunhas vías de comunicación que estaban destrozadas. Coa Xunta de Galicia son convenios por un valor de 200.000 euros. Agora nestes momentos estamos actuando na área recreativa de Santa Cruz. E así vamos ir actuando por cada unha das parroquias que teñen as súas vías de comunicación certamente destrozadas. Facía falta moita inversión, nestes tres anos xestionamos orzamento para arranxar todas as vías de comunicación fundamentais e as máximas posibles”.
Vega indicou: “seguimos na liña da xestión, estamos falando de preto de 700.000 euros de inversión para arranxar as nosas vías de comunicación”.

