Ribadeo inviste 50.000 euros no arranxo dos accesos a Guildeiros e A Graña na parroquia de Ove.

050826 Foto obras Ove

Será a través do Plan Avanza Rural.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos xestionando orzamento, neste caso son 50.000 euros para seguir avanzando e mellorando as nosas vías de comunicación. O Plan Avanza Rural, que empezábamos hai 3 anos, marcaba unha planificación de inversión e de melloras. Actuamos neste caso na parroquia de Ove, concretamente en Guildeiros e na Graña, son 2 accesos de comunicación moi importantes e desde logo había que investir”.

O rexedor subliñou: “50.000 euros que son fondos 100% da Xunta de Galicia, e parécenos importante ter esa planificación e combinar distintas colaboracións entre as distintas administracións para mellorar as nosas vías de comunicación. Por lo tanto, baixo esta planificación, baixo esta xestión, é como se fan as cousas, así é como avanza a Ribadeo, xestionando orzamento e mellorando as vías de comunicación que levaban moitos anos destrozadas. Concretamente, neste caso en Ove, na Graña e Guildeiros, as vías de comunicación están moi destrozadas. Polo tanto, a prioridade é investir naqueles puntos onde hai máis perigo, onde se detecta unha falta de seguridade e desde logo, cando hai un deterioro moi importante. Con estes 50.000 euros vamos arranxar esta zona”.

Ir o contido