Ribadeo inviste 370.000 euros nas estradas do rural.

Ribadeo inviste 370.000 euros nas estradas do rural

Ribadeo inviste 370.000 euros nas estradas do rural e prepara novas actuacións, segundo deu a coñecer esta mañá o alcalde, Dani Vega. 

O rexedor contou que “seguimos investindo e seguimos mellorando as nosas infraestruturas dentro do Plan Avanza Rural, no que estamos investindo nestes momentos 370.000 euros, que son fondos da Deputación. Estamos actuando en estradas, en vías de comunicación, que levaban moitos anos destrozadas, deterioradas e había unha reclamación por parte dos veciños”. 

Vega subliñou que “actuamos en moitas parroquias. Neste momento estamos actuando no barrio de Santa Cruz,  onde estamos canalizando a auga,  estamos mellorando todo o pavimento. En definitiva hai que seguir investindo e mellorando as nosas infraestruturas. Dentro desta planificación, dentro do Plan Único, actuamos en practicamente todas as parroquias e agora xa estamos preparando a seguinte planificación que no verán, tamén vamos actuar en distintos puntos”. 

O alcalde aposta por “seguir nesta liña de xestión para mellorar as nosas vías de comunicación, e neste caso estamos xestionando 370.000 euros en mellorar as vías de comunicación”.

Ir o contido