Ribadeo inviste 20.000 euros na mellora da rúa Virxe do Camiño. As obras xa se iniciaron onte.

Ribadeo inviste 20.000 euros na mellora da rúa Virxe do Camiño. As obras xa se iniciaron onte.

Ribadeo inviste 20.000 euros na mellora da rúa Virxe do Camiño. As obras xa se iniciaron onte. 

O alcalde, Dani Vega, explicou que “comezaron as obras na rúa Virxe do Camiño, concretamente nas beirarrúas, que estaban dando moitos problemas a todos os veciños e veciñas. Había unha demanda de xa hai moito tempo para que se investira e se arranxara todo este entorno. Fai poucos días tamén invertíamos para mellorar o espazo do Parque dos Indianos e a segunda parte é investir para mellorar as beirarrúas da Virxe do Camiño”  

O rexedor indicou que “as dificultades para as persoas con mobilidade reducida eran totais e absolutas. Tiñan que saír á estrada coa cadeira de rodas, cos riscos que conleva iso, e o que decidimos foi investir, escoitar a todos os veciños e eliminar toda a barreira arquitectónica, eliminar esas pendentes desas beirarrúas e tamén mellorar todo o que ven sendo o entorno”.

Vega subliñou que “estamos a falar dunha inversión de 20.000 euros para mellorar un espazo que estaba realmente abandonado, con moitas dificultades para moitas persoas, non cumpría ningunha normativa de accesibilidade e, en consecuencia, esta inversión para nós é moi importante”. 

O alcalde declarou: “seguimos mellorando e seguimos investindo en todos os espazos públicos, en todas aquelas beirarrúas e todas aquelas estradas que están dando problemas. Con inversión é como Ribadeo avanza”. 

Ir o contido