Ribadeo inviste 100.000 euros na mellora de varias estradas a través do Plan Avanza Rural.

Ribadeo inviste 100.000 euros na mellora de varias estradas a través do Plan Avanza Rural.
O alcalde, Dani Vega, sinalou que “seguimos xestionando orzamento ante a Xunta de Galicia. Neste caso falamos de vías de comunicación nas que estamos a investir dentro dese Plan Avanza Rural. Actuamos en Piñeira, na zona de Vilar Dompiñor, e tamén en Vilaselán, dende a Torre a Pena Furada. Cun orzamento de preto de 100.000 euros vamos mellorar todo ese pavimento que estaba destrozado, estaba moi deteriorado e ata agora nosoutros, nestes 2 anos, o único que puidemos facer foi bachear”.
O rexedor subliñou que “o que temos é unha planificación de inversión e por iso estamos actuando en todas aquelas vías de comunicación que despois de reunirnos coas asociacións de veciños fomos comunicando o que íamos facer. No plan do 24 nós actuamos en varias estradas e agora no Plan Avanza Rural de 25 estamos actuando xa naquelas estradas que fomos planificando cos veciños e coas asociacións”.
E engadiu: “sabemos que queda moito por facer, sabemos e somos conscientes de que temos que mellorar máis nese entorno tamén de Dompiñor, pero vamos pouco a pouco e vamos investindo para mellorar as vías de comunicación que realmente encontrábanse en moi mal estado. Pero xestionando orzamento, neste caso preto de 100.000 euros, creo que pouco a pouco Ribadeo vai avanzando”.

