Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación.

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. 

O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos xestionando orzamento para arranxar e así mellorar as nosas vías de comunicación. Vamos actuar en cada unha delas. O orzamento será dun millón de euros que xestionamos ante a Xunta de Galicia e tamén a Deputación Provincial. Estivemos mellorando moitas delas ata o de agora, seguimos escoitando a todos os veciños e ás asociacións que nos trasladaron as prioridades dentro desa organización que levamos desde o comezo deste mandato, actuamos baixo esa planificación de acordo cos veciños e tamén das asociacións”. 

Para o rexedor “é importante evidentemente a xestión para non ter que utilizar recursos municipais, polo tanto alegrámonos de que a Deputación siga apostando polo Plan Único, onde vamos investir unha parte importante, a Xunta de Galicia conveniando con Agader, coa Consellería de Medio Rural, e vamos seguir xestionando orzamento durante os próximos meses na Xunta de Galicia. Non soamente vai ser unha partida concretamente de 250.000 euros, senón que vamos xestionar outra partida xa de 150.000 euros”. 

Vega subliñou que “nese millón de euros hai a colaboración das administracións, o cal agradezo ás dúas para que invistan. Como tamén agradezo á Deputación non só que nos aporte ese orzamento para arranxar vías de comunicación de titularidade municipal, senón que agradezo que arranxen a estrada da súa titularidade, que é a que vai desde Arante a Vidal. Levaba moitos anos destrozada, nosoutros levámolo reivindicando moitísimas veces e na última reunión que tiven coa presidenta da Deputación así llo trasladei, non soamente esta, senón unha serie delas que son de titularidade da Deputación, pero de momento non sabemos nada. Si que nos concretaron esta e nos próximos días xa empezarán os traballos”. 

O alcalde ribadense dixo: “un millón de euros para seguir investindo e mellorando as vías de comunicación. Vamos actuar en todas as parroquias e isto vai ser unha mellora que levamos traballando desde o inicio do mandato, é dicir planificación, xestión e así mellora das vías de comunicación”.

Ir o contido