Ribadeo instala novas cámaras para o control do tráfico e da seguridade cidadá, segundo ven de anunciar a concelleira responsable Montse Seijo.

Ribadeo instala novas cámaras para o control do tráfico e da seguridade cidadá, segundo ven de anunciar a concelleira responsable Montse Seijo.
A edil de Seguridade Cidadá explicou que “Ribadeo sigue incorporando cámaras de lectura de matrículas para o control do tráfico e da seguridade cidadá. Con estas novas incorporacións segue en marcha un proxecto xa iniciado no 2024, co fin de mellorar a seguridade no tráfico e velar por unhas zonas peonís máis seguras e un casco antigo máis protexido”.
Montse Seijo indicou: “trátase de evitar que os vehículos non autorizados pasen por esas zonas peonís. Soamente estarán permitidos os que teñan o paso xustificado, como poden ser por exemplo unha ambulancia, os coches de corpos de seguridade, etc. Son vehículos autorizados”.
A concelleira ribadense engadiu que “con isto o Concello segue apostando por mellorar a seguridade de Ribadeo e facelo máis atractivo, se cabe, como está a pasar co casco antigo, coa limpeza, fomentando inversións para a rehabilitación de vivendas, reorganizando ou organizando o tráfico. Dende o Concello seguimos apostando pola seguridade cidadá”.
Doce son as cámaras coas que conta Ribadeo. Están situadas na rotonda do Juanín, na avenida Rosalía de Castro, no cruce do Parador de Turismo, nas Catro Calles e na praza de España (en dirección á rúa San Francisco).

