Ribadeo inicia os traballos para o irmandamento con Tala, a cidade uruguaia na que viviu e morreu o poeta José Alonso y Trelles El Viejo Pancho.

Ribadeo inicia os traballos para o irmandamento con Tala, a cidade uruguaia na que viviu e morreu o poeta José Alonso y Trelles El Viejo Pancho.

Ribadeo inicia os traballos para o irmandamento con Tala, a cidade uruguaia na que viviu e morreu o poeta José Alonso y Trelles El Viejo Pancho. Hoxe visita o Concello o Cónsul de Uruguai, Ramiro Rodríguez.  

O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe recibimos ao Cónsul do Uruguai, ao que lle agradezo a súa visita. Hoxe iniciamos os traballos do irmandamento con Tala. Xa nos diriximos e falamos co alcalde de Tala. Comeza un traballo moi rigoroso e estrito. Sabemos que o vencello entre Ribadeo e Tala, Tala e Ribadeo, ven a través da figura del Viejo Pancho”.

O rexedor declarou: “quero agradecer a todas as formacións políticas, o traballo conxunto, a dedicación e o respaldo que dan a este irmandamento.  Tamén lle quero agradecer ao Cónsul que iniciou este traballo xa cando fixemos todos os actos do Viejo Pancho e agora con este irmandamento poñemos o selo a toda unha a traxectoria, a todo un legado cultural que ten o Viejo Pancho, que nace en Ribadeo, vive e morre en Tala, pero desde logo o legado é para o conxunto”. 

Vega considera que “un irmandamento que evidentemente vai coordinar o Concello, que vai coordinar esta Comisión, pero vamos a contar coa opinión de todo o mundo, creo que é de agradecer que o Cónsul sexa un dos primeiros que poña data de inicio con esta comisión organizadora do irmandamento con Tala. Convidamos ao alcalde a acudir a Ribadeo, vamos organizar todo un evento que ten que ver co legado cultural que ten El Viejo Pancho. Os traballos comezan no día de hoxe”.  

O alcalde engadiu: “repito grazas ao Cónsul por respaldar, apoiar e traballar conxuntamente con nós, grazas a todas as forzas políticas por entender que este irmandamento é fundamental, é prioritario e creo que con todo o que se fixo durante estes anos de recordar al Viejo Pancho, creo que tamén é moi importante que iso se transforme nun irmandamento entre Tala e Ribadeo, Ribadeo e Tala”. 

Ir o contido