Ribadeo incrementará a vixilancia contra os actos vandálicos.

Ribadeo incrementará a vixilancia contra os actos vandálicos. Será con máis presenza da Policía Local na rúa e coa instalación de máis cámaras de seguridade.
Desde o Concello indican que “os espazos públicos son para o uso e disfrute de todas as veciñas e os veciños de Ribadeo e entre todos debemos coidalos. Non pode ser que se fagan pintadas como as rexistradas estes últimos días na pista multideporte ou nas inmediacións da praia das Catedrais. E tampouco pode ser que instalemos sinais informativas sobre a prohibición de estacionamento e acampada para as autocaravanas e que aparezan destrozadas, como ocorreu en Piñeira”.
E engaden: “as ordenanzas e as normativas están para seren cumpridas. En caso contrario as forzas e corpos de seguridade abrirán as dilixencias oportunas para esclarecer os feitos e procederemos a sancionar aos autores de todos estes actos vandálicos. Facemos unha chamada ao civismo e ao bo comportamento da veciñanza. Os espazos públicos son de todos e para todos e deben estar nas mellores condicións posibles. Causar destrozos ou facer pintadas non é o camiño”.

