Ribadeo incrementará a súa poboación nuns 1.000 habitantes coa construción das 300 vivendas proxectadas no PIA Sud-R2.

Ribadeo incrementará a súa poboación nuns 1.000 habitantes coa construción das 300 vivendas proxectadas no PIA Sud-R2.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a traballar conxuntamente para construír 300 vivendas en Ribadeo. Evidentemente toda a tramitación administrativa que se está dando, e nestes momentos a Xunta xa recibe sete ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver todo este proxecto das 300 vivendas”.
O rexedor subliñou que “este PIA permitirá urbanizar toda esta zona. O proxecto denominase Sud-R2 e conta cunha superficie aproximada de 7,6 hectáreas. O contrato licitouse por 250.000 euros e polo tanto en setembro, máis ou menos, adxudicarase á empresa que resulte a que mellor oferta presentou”.
Vega indicou: “seguimos dando pasos. É verdade que estes primeiros non se ven porque hai tramitación administrativa, todo son redaccións de proxectos, pero o obxectivo é claro, construír vivenda en Ribadeo. Por certo, o proxecto de 300 vivendas é único en Galicia dentro das poboacións de 10.000 habitantes. O que se conseguiu é moi importante, é incrementar o parque de vivenda en Ribadeo. Estamos a falar de 300 mais. Estamos falando de que podemos ter 1000 habitantes mais en Ribadeo”.
Para o equipo de goberno ribadense “isto creo que é un reto que nos puxemos nestes anos e conseguimos construír vivenda, que é como se solucionan os problemas, facendo modificacións urbanísticas para que se poida construír e tamén a Xunta e o Concello dar un paso e dar unha resposta a esa vivenda con prezo taxado e facela máis asequible”.
O alcalde considera que “os pasos son moi importantes os que se están dando e neste obxectivo é no que estamos traballando, dando pasos para ter esas trescentas vivendas canto antes mellor”.

