Ribadeo estará presente este vindeiro sábado, 7 de xuño, en Ponferrada na VI Gandaina Urbana.

VI Gandaina Urbana Ponferrada

O Grupo Tradicional Marbadás, pertencente á Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, xunto coa Asociación Amigos da Gaita, actuarán o vindeiro sábado, 7 de xuño, na localidade berciana de Ponferrada. 

Participarán na VI Gandaina Urbana, organizada pola Asociación Cultural Abelladeira. Desfilarán polas rúas do casco antigo de Ponferrada e actuarán na Praza da Encina xunto á Banda de Gaitas anfitrioa.

Unha vez rematada esta parte do evento, dará comezo o Baile do Candil, no que diferentes agrupacións realizarán pequenas intervencións para amenizar o baile. Nesta ocasión o tamén grupo ribadense Cuarteto Illa Pancha será o encargado de representar á nosa vila.

Ir o contido